Skip to main content
Sarria

Comezan as actuacións da Noite Meiga en Sarria

Por 23 Agosto, 2022Agosto 25th, 2022Sin comentarios

A edición número cincuenta aterra no municipio sarriá para encher de concertos, eventos e actuacións as súas rúas.

Hoxe martes 23, a inauguración producirase ás 18.00 horas e posteriormente haberá unha andaina ás 21.00 horas e unha sesión musical de bachas, ás 22.00 horas.

Para maña e o xoves día 25, está previsto que actúen as compañías Ars Combinatoria e Treixadura, ambos concertos promovidos pola Xunta de Galicia.

Ars Combinatoria actuará o mércores a partir das 20.00 horas na igrexa de Santa Mariña, cun repertorio das Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio. Haberá outra oportunidade de desfrutar desta actuación en Triacastela, o sábado 27 a partir das 18.00 horas na igrexa de Santiago. Os concertos enmárcanse nun convenio da Xunta coa Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Pola súa banda, o ciclo Concertos do Xacobeo recala en Sarria coa actuación de Treixadura, o xoves ás 21.30 horas na Praza da Vila.

E xa o fin de semana, continuarán os actos da Noite Meiga o sábado con pasarrúas, unha actuación de meigas e trasgos e unha cea que terá lugar ás 22.00 horas con posterior danza e para o domingo, ás 14.30 horas organizarase a festa da empanada con actuacións infantís.