Skip to main content
Sarria

O concello de Sarria mergúllase na figura do pastor alemán

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

Os amantes desta raza están de noraboa e é que a Delegación de Galicia do Real Club Español do Can Pastor Alemán en colaboración co concello de Sarria, afondarán na figura do pastor alemán cunha sesión de adestramentos aberta ao público e unha exposición sobre as curiosidades desta raza.

Durante a fin de semana dos días 3 e 4 de setembro, tódolos asistentes poderán gozar dunhas xornadas cun altísimo nivel por parte de tódolos participantes (pre-campionato de España).

O sábado 3 terán lugar os adestramentos con figurantes enc real cepa 2022 ás 17.00 horas con Raúl Carballar e Fabio Peña, “dous dos figurantes da proba de coraxe da Sieger”, segundo destacan integrantes da Delegación. Catro xuíces serán os que escollan aos gañadores de entre tódolos participantes: Javier Estévez Ogando, Rafael Ortiz, Roberto Caputi e Saturnino Florez.

E o domingo día 4 estará aberta ao público a exposición a partir das 09.00 horas que contará cun centenar de exemplares chegados de varias provincias españolas e de Portugal.

Dende a Delegación de Galicia do Real Ceppa “invitan a todo aquel que o desexe á presieger do domingo”.

As actividades terán lugar na zona deportiva do parque do Chanto.

Para calquera dúbida ou para ampliar información, o perfil da Delegación de Galicia do Real Club Español de Perro Pastor Alemán en redes sociais, aconsella contactar con Marcos López Somoza ou con Javier Estévez nos seguintes números de teléfono 696 615 045 ou 669 432 673.

As inscricións pódense realizar dende hoxe no seguinte enlace https://realceppa.es/inscripciones-delegacion-galicia/