Skip to main content
Sarria

O Basque assault 2022 chega a Sarria da man da asociación Buril

Por 26 Agosto, 2022Sin comentarios

Esta asociación cultural, deportiva e ecolóxica do concello de Sarria, é a encargada de crear este evento no que maña sábado daranse cita unha morea de bandas. Entre elas unha residente en Sarria, outra de orixe ourensá e outra con aires vascos.

O evento, comezará a partir das 22.00 horas e colaborarase coas bandas cunha achega de 5 euros por asistente.

Abrindo o concerto estará como banda residente os Pneura e tamén o Dúo de Death Crust Experimental que veñen dende Verín e a parte da súa música, traen o seu likorcafé Pneurotico.

Scorn, co estilo Thrash-death metal será outra das bandas participantes. É un grupo fundado en San Juan de Luz no ano 2021 e o seu primeiro disco Winds Of Torment, saíu en marzo de 2022 editado pola discográfica Great Dane Records.

E por último, Hellwatch porá o broche final á noite con Groove death metal. Chegan dende Gipuzkoa e serán un dos grandes promotores da velada.