Skip to main content
Sarria

O partido en homenaxe a Carlos Alberto, xogador da SD Sarriana, recada 1.500 euros

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

O primeiro memorial a Carlos Alberto Díaz López, xogador da SD Sarriana, consegue facerse cun total de 1505,63 euros que serán destinados integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

O acto celebrouse no estadio de Ribela do concello de Sarria o pasado 17 de agosto pero non foi ata o de agora, que se realizou a transferencia do diñeiro recadado.

O salón de plenos do concello acolleu a firma da transferencia que os familiares do homenaxeado efectuaron á entidade. No acto estiveron presentes diversas personalidades entres as que se atopaban familiares e achegados de Carlos Alberto, o alcalde do concello de Sarria, Claudio Garrido, o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, e a presidenta en Lugo da Asociación Española Contra o Cancro, Mariluz Abella.

Dos fondos obtidos 1.078,25 euros correspóndense coa venta de 502 entradas e o resto, 427,38 euros, fan referencia ao total que os árbitros que participaban no evento percibirían en concepto de honorarios e que decidiron doar á causa para aportar o seu granito de area.

Tódolos participantes e organizadores do evento quixeron poñer de manifesto o compromiso existente neste acto benéfico e dende o concello, quixeron mostrar o seu apoio mantendo o compromiso para que esta homenaxe se celebre a partir de agora de forma anual.