Skip to main content
Sarria

Actividades lúdicas maña nas piscinas municipais de Sarria

Por 29 Agosto, 2022Sin comentarios

As piscinas municipais de Sarria acollen maña de 12.00 a 15.00 horas varios inchables acuáticos para a diversión de nenos de tódalas idades.

Esta festa celebrarase con motivo da fin de tempada dos cursos de natación.

OS CURSOS

Como vén sendo habitual, o concello de Sarria ofrece cursos de natación tanto en verán coma en inverno para que dende os máis pequenos ata os maiores, melloren o adestramento neste deporte.

En concreto, os cursos de verán desenvolvéronse durante os meses de xullo e agosto divididos en quendas quincenais. Cada clase tivo unha duración de media hora e foron impartidas de luns a venres, agás nos días festivos.

En cuanto aos grupos de adestramento, os niveis existentes eran: de aprendizaxe, de iniciación e de perfeccionamento.

As prazas son limitadas, e coma sempre, foron adxudicadas no seu día por rigoroso orde de presentación de solicitudes no rexistro do concello a través da sede electrónica: https://sarria.sedelectronica.es/board