Skip to main content
Sarria

Actividades culturais e de lecer enchen o concello de Sarria no mes de setembro

Por 31 Agosto, 2022Setembro 1st, 2022Sin comentarios

Dende o concello de Sarria e antes de que dea comezo o curso escolar, organizaranse unha serie de espectáculos e actuacións para buscar a diversión dos máis pequenos. Os eventos terán lugar ata o vindeiro 7 de setembro na zona recreativa do Chanto.

1 SETEMBRO

O primeiro deles, que terá lugar este xoves día 1 ás 19.00 horas, é o espectáculo A casa do terror. Un espectáculo de A banda do verán na que se presenta un musical cheo de rock e de terror trouleiro que se desenvolve entre cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e que activa ao público que o ve.

A perspectiva do terror abórdase neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de personaxes como os gativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma e moitas máis.

Vai dirixido a un público familiar xa que as referencias á música dos 80 e 90 están moi presentes e a nenas e nenos a partir dos 3 anos.

2 SETEMBRO

O venres ás 17.30 horas terá lugar na Casa da Cultura do concello de Sarria o espectáculo A Alfombra Máxica, un espectáculo sensorial para bebés de 0 a 3 anos no que monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa na que se invita aos máis cativos a mergullarse nunha viaxe sensorial ca fin de descubrir o pracer de palpar, manipular, escoitar, ver e saborear. En definitiva, unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

7 SETEMBRO

O mércores día 7 ás 19.00 horas no parque do Chanto terá lugar o espectáculo Little Neno Descobre Os Beatles (en caso de trasladarase á Casa da Cultura).

Cando Little Neste caso o espectáculo consiste nun conta contos teatralizado e musicalizado dirixido a toda a familia cun pequeno concerto final que xira, arredor das cancións dos Beatles. O narrador é o encargado de xerar un vínculo co público, pois é un dos elementos centrais desta festa da música.

Unhas caixas situadas no escenario conteñen instrucións para ir facilitando esa interacción, que aumenta cando no medio do público van xurdindo músicos que porán banda sonora ao espectáculo.

A medida que avanza a aventura de Little Neno polo mundo dos Beatles, un grupo musical irá tocando os temas aos que se refire cada escena.