Skip to main content
Triacastela

Dani García chega hoxe a Triacastela co seu espectáculo Gadalka

Por 28 Agosto, 2022Agosto 29th, 2022Sin comentarios

Dani García, o gañador de premios como o Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas en USA, estrea unha marabillosa proposta inspirada nas feiras e barracas clásicas.

Actuará hoxe no municipio de Triacastela ás 13.00 horas na praza da Deputación, no ciclo Cultura no Camiño, e a entrada será gratuíta. Alí presentará o seu novo espectáculo “Gadalka”.

Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras que poderás visitar en grupos reducidos onde atoparás unha máxica sorpresa. Trátase dun novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia achégase a desfrutar da maxia de preto.

En Gadalka, Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe.