Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

O CIN de Bretoña prepara unha serie de actividades para a fin de semana

Por 8 Agosto, 2022Agosto 14th, 2022Sin comentarios

O CIN Bretoña ten preparado para a fin de semana do 13 e 14 de agosto unha serie de actividades para coñecer un pouco máis Bretoña e A Pastoriza.

Así, o sábado 13 de agosto terá lugar un Taller infantil  co título Rastreo por Bretoña. Trátase dunha serie de pistas repartidas polo CINBretoña e o seu entorno que entreterán aos pequenos da casa, mentres coñecen un pouco máis a súa rexión. Non é necesario nada, solo ganas de pasalo ben. O comezo será as 12 da mañá.

Ao día seguinte, 14 de agosto, visita guiada ao Castro de Saa, o CIN Bretoña e os edificios máis representativos da vila. Nesta ocasión coñecerase a historia da rexión comezando coa cultura castrexa e os romanos, e rematando coa actualidade de Bretoña. O punto de encontro inicial será o Castro de Saa (Baltar) as 11 da mañá, e despois nos desprazaremos ao centro de Bretoña. É necesario dispoñer de transporte propio de Saa a Bretoña e calzado cómodo.

Ambas actividades son totalmente gratuítas pero é necesario unha inscrición previa. Pode facerse achegándose ao centro (Praza do Campo da Igrexa, Bretoña), a través do teléfono (636 836 250), mail (cinbretona@gmail.com) ou Instagram.

Ademais, está en marcha a II Exposición Bretoña no Tempo. Exponse no Teleclub de Bretoña un interesante repaso fotográfico polos anos 50, 60, 70 e 80 do concello da Pastoriza. Actualmente esta mostra atópase no piso superior do CIN Bretoña. A fotografía é un recurso indispensable para poder coñecer máis e para que perdure para sempre, a historia, tradicións e recordos dun pobo. Por iso, queren realizar unha segunda exposición con novo contido, que supoña o inicio dun arquivo fotográfico e audiovisual da Pastoriza. Os interesados en formar parte deste proxecto poden enviar as fotografías ao centro ou a través do correo electrónico (cinbretona@gmail.com). Poden doarse os orixinais ou unha copia.