Skip to main content
Vilalba

A parroquia da Torre, en Vilalba, celebrará as festas en honra a Nosa Señora

Por 10 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

A parroquia da Torre, en Vilalba, celebraranse os días 12, 13 e 14 de agosto, as festas en honra a Nosa Señora. Os asistentes poderán participar nos actos relixiosos e gozar dos demais actos lúdicos programados.

O venres 12 comezarán as festas cunha gran churrascada a partir das 22.00 horas, que estará amenizada polo dúo Venus.

A xornada do sábado 13, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne con procesión e ao finalizar haberá sesión vermú a cargo do grupo Platinum, que tamén porá a nota musical na verbena acompañado da Hora Bruja.

O domingo 14, a última xornada festiva, comezará coa misa solemne con procesión terá lugar ás 13.30 horas, dando paso á sesión vermú a cargo do grupo Master, que tamén animará a verbena xunto á formación Mar de Arousa.