Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O Lago das Pontes acollerá a final da Travesía Costa

Por 17 Agosto, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

As Pontes acollerá o domingo 18 de setembro a final da Travesía Costa, que se celebrará nas augas do Lago a partir das 11.00 horas. Esta cita pertence desde este 2022 á Copa de España na distancia de 3.000 metros.

A proba pontesa terá tres distancias, 1.500, 2.500 e 5.000 metros con saída e chegada dende a praia do Lago.

A Travesía Costa consta de varias probas por diferentes concellos da Coruña, de entre 1.000 e 6.000 metros de distancia. E haberá unha gran representación de nadadores e nadadoras de fóra de Galicia e doutras partes do mundo.

Así mesmo, a organización anunciou que esta proba non será puntuable para o circuíto Travesía Costa Desenvolve by Duacode.

Para participar será necesario inscribirse na seguinte ligazón.