Skip to main content
Vilalba

Supervisan as obras que o CHMS realiza na EDAR de Vilalba

Por 19 Agosto, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

O investimento estimado superará 1,5 millóns de euros financiados en porcentaxe 80% e 20% pola CHMS e polo Concello, respectivamente.

O pasado 30 de xullo deron comezo os traballos de Mellora do Saneamento e EDAR de Vilalba, adxudicados pola CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, á empresa ESPIÑA E DELFIN S.L. por importe de 1.471.934 euros.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa da localidade, Elba Veleiro acudiron á zona para supervisar a boa marcha dos traballos cuxa finalización está prevista para finais do mes de xullo do próximo ano.

O PROXECTO

O obxectivo das obras é limitar tanto o número como o volume de verteduras sen tratamento adecuado ao rio Madalena, para a consecución deste obxectivo proxectáronse basicamente dúas actuacións:

• A ampliación do pretratamiento da EDAR mediante a instalación dúas novas unidades de pretratamiento compactas con funcións de desbaste, desarenado e desengraxado que case duplican a capacidade actualmente existente e permiten o cumprimento do disposto a este respecto no Plan Hidrolóxico Miño-Sil.

• A construción dun tanque de tormentas para a laminación e regulación de caudais en tempo de choiva, antes da súa entrada na depuradora. O novo tanque dispoñerá dunha capacidade 1000 m3 para reter as primeiras augas de choiva, máis contaminadas, e envialas posteriormente á EDAR para o seu tratamento; evitando as verteduras que se producen a día de hoxe.

Neste momento están a executarse os traballos de escavación do tanque de tormentas que se prolongarán durante todo o mes de agosto para, a continuación, iniciar a execución das diferentes partes que conformarán a súa estrutura.

“Estas actuacións supoñen un esforzo económico importante por parte das dúas administracións pero, #ante un problema herdado de verteduras recorrentes ao río Magdalena e en aras da colaboración institucional, había que actuar e niso estamos” explicou Quiroga.