Skip to main content
Abadín

Adxudicada a compra da motoniveladora en Abadín

Por 12 Agosto, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

O Concello de Abadín adxudicou a compra dunha motoniveladora á emrpesa Case, que ten un prazo de entrega da mesma de dous meses. Este vehículo ten como obxectivo de subsanar varias deficiencias detectadas na xestión medioambiental do municipio, mellorando a prevención de incendios forestais e inundacións e a xestión de residuos de poda.

A licitación fíxose cun valor estimado de 252.890 euros, ive incluído en base aos prezos habituais do mercado. O presente contrato finánciase integramente coa aportación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do Fondo de Compensación Ambiental 2022. Por outra banda, o concello de Abadín está a realizar o aglomerado dos camiños municipais a través do financiamento do Plan Único, traballos aos que destiñan uns 700.000 euros.

Por outra banda, tamén están a esperada do informe técnico que marcará o terreo que se escriturará por detrás da casa consistorial e que ten como obxectivo destinarse a un paseo e ruta de sendeirismo e tamén a aparcadoiro do Concello. Trátase dunha finca de máis de 18.000 metros cadrados que ten un prezo superior aos 200.000 euros.