Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Alvariño proclámase campión de España

Por 3 Agosto, 2022Agosto 5th, 2022Sin comentarios

O seteiro pontés do club Sílex Miguel Alvariño proclamouse campión de España de tiro con arco continuando así coa súa proxección internacional no que vai de ano. Alvariño puxo a guinda a unha excelente participación dos seteiros galegos na cita nacional

O pontés chegou á final tras impoñerse con solvencia ao andaluz Manuel Guerra (1-7), ao madrileño Javier Mérida (0-6), ao leonés Pablo Acha, compañeiro do combinado nacional (3-7), e ao aragonés Francho Rufas (0-6). Coa medalla asegurada, culminou a súa participación individual coroándose ante o aragonés Andrés Temiño (2-6).

Tamén foi exitosa a participación da selección galega, integrada por Alvariño e o seu compañeiro do Sílex Dani Castro, ademais de Pablo Filgueira, do Arco Ferrol. Non lograron clasificarse para a final ao caer ante Aragón pero impuxéronse, obtendo o bronce, a Castela e León.