Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz acolle o domingo a VI Ruta MTB Cova da Serpe e unha andaina

Por 24 Agosto, 2022Sin comentarios

O Club Btteiros Cova da Serpe organiza a VI Ruta MTB Cova da Serpe Guitiriz o domingo 28 de agosto, con saída ás 9.00 horas dende a praza do Campo da Feira de Guitiriz.

As inscripcións, que deben facerse a través da web, xa está aberta e poderá facerse ata o día 24 de agosto ou cando se acade o total de inscritos que é de 300 inscritos.

Este ano haberá unha categoría competitiva puntuable para a Copa Galicia, e por suposto contarán coa modalidade cicloturista  na que a ruta conservará a esencia de edicións pasadas.

A distancia da Copa de Galicia será de 80 quilómetros cun desnivel de 1.700 metros, e dentro da cicloturista serán dúas as distancias, 56 quilómetros con +1.000 metros, e 80 quilómetros e 1.700 metros.

A ruta estará debidamente sinalizada e terá un custe de 18 euros para ciclistas federados e de 28 para non federados.

ANDAINA

Paralelamente este colectivo organiza tamén o domingo, a partir das 10.00 horas, unha andaina para todos os públicos que percorre os arredores do pobo. Serían entorno a uns 10km de distancia con saída ás 10:00 da plaza da Igrexa de Guitiriz e chegada ao mesmo punto.

A inscripción terá un custo de 5 euros que inclúe un agasallo conmemorativo e un avituallamento ao finalizar esta andaina.

A data tope de inscrición é á mesma, o mércores 24.