Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Begonte xa ten gañadores do segundo torneo de pádel

Por 30 Agosto, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán co II Torneo de Pádel que se celebrou os días 26, 27 e 28 de agosto.

Un total de 16 parellas participaron neste torneo que gañou a formada por Anxo e Álvaro, vencendo na final a David e Brais.

No cadro de consolación os campións foron Cristian e Davinia, e como subcampións quedaron Xico e Raúl.

Os participantes recibiron un welcome pack de agasallo mentres que gañadores recibiron os seus presmios, consistentes en material.