Skip to main content
Abadín

Concerto e degustación este sábado en Gontán

Por 19 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

A localidade de Gontán, en Abadín, acollerá este sábado un concerto de Malditos Roedores, que está organizado pola asociación A Rumboia e que terá lugar no campo da feira a partir das 12.00 horas.

Trátase dunha nova actividade cultural programada polo colectivo para animar o verán na localidade. Encádrase dentro da programación cultural primavera-verán de animación na rúa promocionada pola Deputación provincial.

Unha vez terminada este concerto terá lugar unha degustación de tenreira galega na área recreativa da Roxica organizada polo Concello. Esta será gratuíta para todos os asistentes ata acabar existencias. Esta actividade faise co obxectivo de promocionar a carne desta denominación e para dar pulo á celebración da feira, que ten lugar ese día.