Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Organizan unha excursión a Pontevedra e Combarro para o día 24

Por 15 Agosto, 2022Agosto 24th, 2022Sin comentarios

O próximo mércores día 24 de agosto, o  Concello de Begonte levará de excursión a Pontevedra e Combarro aos veciños, onde ademais poderán gozar dunha viaxe en catamarán e dunha mariscada a bordo.

O prezo da excursión é de 35 euros para veciños e 45 para os non empradroados. A organización estableceu un máximo de 80 prazas, para as que a inscrición remata o 22 de agosto.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).