Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Damil pecha con pirotecnia e o Día da Bicicleta as festas

Por 24 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

As celebracións na honra de San Salvador na parroquia begontina de Damil continúa esta fin de semana coa celebración da IV edición do Día da Bicicleta, que terá lugar o venres, a partir das 21.00 horas no campo da festa.

Todos os nenos e nenas están convidados a dar un paseo en bici polos arredores. Dende o campo da festa irán cara á igrexa, donde se celebran as vésperas e, ao remate, haberá unhs petiscos para repoñer forzas no campo da festa.

O sábado arrancará a programación coa misa das 13.00. horas seguida da procesión e da sesión vermú, que estará ao cargo de Alma Latina.

Pola tarde haberá xogos infantís a partir das 18.00 horas e pola noite repite a orquestra na verbena, que se completará con Cocomusic Disco Móvil.

O domingo repetirase o oficio relixioso e a orquestra Ritmo será a encargada de poñer a música na sesión vermú e na verbena.

Como todos os anos, haberá descarga pirotécnica a cargo de Astariz, na que é a undécima edición deste evento, e xogos tradicionais a partir das 18.00 horas.