Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Organizan de novo a excursión a Pontevedra e Combarro para o día 31

Por 26 Agosto, 2022Agosto 31st, 2022Sin comentarios

Debido ao éxito da viaxe realizada o mércores, o próximo, día 31 de agosto, repetiarase a excursión a Pontevedra e Combarro dirixida aos veciños de Begonte, que poderán gozar dunha viaxe en catamarán e dunha mariscada a bordo.

O prezo da excursión é de 35 euros para veciños e 45 para os non empradroados. A organización estableceu un máximo de 50 prazas, para as que a inscrición remata o 29 de agosto e que se cubrirán por orde de entrada.

Para realizar a inscrición será necesario cubrir o modelo de solicitude, achegar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pago (facilitarase o número de conta para facer o ingreso na propia solicitude).