Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda LUGOXAAxenda TERRACHÁXACastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebrará a Festa do Emigrante

Por 6 Agosto, 2022Agosto 11th, 2022Sin comentarios

Os veciños de Santa Leocadia, no Concello de Castro de Rei, celebrarán o vindeiro xoves 11 de agosto a Festa Popular do Emigrante. Ao longo da xornada os asistentes poderán gozar de varias actuacións musicais.

Esta cita será no Campo da Barxa e contará coa música do dúo Epo-K que amenizará a sesión vermú e a sesión verpertina.

Os asistentes poderán degustar bebidas, pan, polbo, ración de churrasco e sobremesa a prezos populares. Tamén haberá xogos populares para os máis pequenos e sorteos sorpresa.

Para asistir será necesario reservar chamando ao teléfono 642 35 02 17.