Skip to main content
Cospeito

O Pleno de Cospeito respaldou a compra da metade da Torre de Caldaloba

Por 6 Agosto, 2022Agosto 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cospeito aprobou tamén no último Pleno a expropiación forzosa do Pazo de Caldaloba, o que lle dará a propiedade da outra metade do inmoble. O Concello chegou a un aconrdo para a compra do terreo no que se atopa o foso sur, o que sup´pon uns 2.470 metros cadrados.

Durante o Pleno, o BNG pediu ao Goberno local “o goberno municipal que non poña atrancos á recuperación da Torre con procedementos que retrasan e afastan o escenario dunha pronta rehabilitación e posta en valor deste ben patrimonial”.

Pola súa banda o PSOE, que votou a favor da proposta, participou no debate alegando que “é necesaria unha unión de todas as partes para que o proxecto vaia para adiante”.

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adquisición dunha das parcelas nas que se ubica a Torre de Caldaloba, na parroquia de Pino, en Cospeito. Trátase dun terreo de 19.596 metros cadrados, que inclúe a metade da edificación -53 metros cadrados de planta e as fachadas noroeste e suroeste- e o sistema de fosos e contrafosos defensivos do perímetro da edificación, datada no século XIV e considerada Ben de Interese Cultural desde 1994.

OUTROS ASUNTOS DO PLENO

O Pleno, no que se deu conta da renuncia da retribución ao concelleiro do Álvaro Puente, aprobou unha moción do PSOE na que se pedía que o Goberno local instase á Xunta a vixilar o debido cumprimento do convenio colectivo para as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. Esta misma petición farase á empresa concesionaria do servizo en Cospeito.

“O servicio de SAF cada vez é máis necesario para os nosos veciños, porque son máis os que o solicitan polo que debemos velar para que sexa o mellor posible para os usuarios e tamén polas condiciòns dunhas traballadoras que son tan necesarias para o benestar dos nosos maiores ou dependentes”, explican.

Ademais, no mesmo pleno informouse de que se vai celebrar xa a reunión da Comisión de Urbanismo para tratar sobre a situación do PXOM agora que a nova empresa concesionaria fixo un estudo da situación actual.

Por outra banda, o alcalde informou ao PSOE que finalmente se ocupará de facer unha pequena intervención na consulta do centro de saúde de Feira do Monte que está no soto. E, a preguntas dos socialistas, informouse de que en setembro abrirán os locais sociais da casa da cultura de Muimenta e da Feira do Monte.