Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Arneiro está de festas

Por 19 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

A localidade cospeitesa de Arneiro celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a Nosa Señora da Cabeza e San Isidro Labrador e que arrancará cunha churrascada popular esta esta noite de venres amenizada polo dúo Os Adrianos.

O sábado continuarán os festexos cunha misa solemne ás 13.30 horas seguida da procesión e da habitual sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao trío D’Nika.

O domingo só haberá sesión vermú, co trío Orquidea, que actuará despois da misa solemne das 13.30 horas e da procesión.