Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

San Martiño de Pino organiza unha viaxe a Covadonga e Cudillero

Por 28 Agosto, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

A Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino, en colaboración coa Asociación San Pedro de Seixas, en Cospeito, organizan unha viaxe a Covadonga e Cudillero, que se desenvolverá o 18 de setembro, domingo.

A saída da viaxe será ás 6.00 horas da mañá con parada para almorzar e destino Covadonga, onde visitarán o Santuario antes de xantar e. pola tarde os lagos. Ao regreso farán parada en Cudillero.

Para participar será preciso anotarse antes do día 11 de setembro con calquera membro da directiva e a viaxe só se fará se hai un mínimo de 20 persoas.

Para os socios a viaxe será de 55 euros e para os non socios de 60.