Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

A localidade cospeitense de Arcillá celebra as súas patronais

Por 26 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

A localidade cospeitense de Arcillá está esta fin de semana de celebración patronal na honra de San Ramón e San Pelaio.

As actividades darán comezo ás 13.30 horas coa misa, seguida da procesión. Mar Azul será a encargada de animar a sesión vermú e a verbna, na que tamén actuará o dúo Epo-K.

O domingo tamén haberá misa á mesma hora e as festas daranse por concluídas coa sesión vemú que amenizará o grupo Alba.