Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Arranca o grupo de emerxencias de Friol, que actuará en cinco concellos

Por 18 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

Ten a súa sede no polígono industrial, nunha das naves do edificio multiusos de propiedade municipal. Este grupo formado por 12 profesionais, dará cobertura a este municipio e aos de Begonte, Guitiriz, Palas de Rei (que antes pertencía á área de Monterroso) e Outeiro de Rei.

O Concello de Friol conta xa co pleno funcionamento do seu GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais) que ten a súa sede no polígono industrial, en unha das naves do edificio multiusos de propiedade municipal. Este grupo formado por 12 profesionais, dará cobertura a este municipio e aos de Begonte, Guitiriz, Palas de Rei (que antes pertencía á área de Monterroso) e Outeiro de Rei.

Este servizo, tan importante para os concellos que forman parte del, conta con unha financiación por parte da Xunta de Galicia de uns 272.000 € anuais.

O traballo de coordinación do Grupo do día a día lévao a cabo o concelleiro Delegado Enrique Barreiro, que é o encargado de organizar e supervisar o G.E.S. Xa realizaron varias intervenciós para as que foron solicitados polo servizo 112, por exemplo, dende que se puxo en funcionamento o día 8 de este mes de agosto.

Os traballos que realizará este grupo de emerxencias será, entre outros, intervir en incendios forestais e urbanos; definir e manter as redes de faixas de xestión da biomasa de prevención e defensa contra os incendios forestais; realizar actuacións de prevención da vespa velutina por seguridade da poboación tales como control e retirada de niños; intervir en situacións derivadas de riscos naturais, nevaradas, inundacións, temporais, xeadas, choivas intensas, sismos, derrubamentos, corrementos de terra, situacións de seca; colaborar coas autoridades competentes en materia de protección civil en casos de aglomeracións de persoas en lugares e momentos determinados; calquera outra en materia de protección civil, emerxencias e medio ambiente, servizos sociais, culturais, educativos e deportivos e outras de competencia municipal.

Ordinariamente os GES desenvolverán as súas funcións no ámbito de actuación adscrito aos mesmos, e soamente con carácter excepcional e debidamente xustificado, realizarán as súas tarefas fora do ámbito territorial que lles foi asignado. Para levar a cabo estas actuación, o GES conta xa con un camión antiincendios urbana, equipos de eliminación de velutinas, utensilios de excarcelación e outros equipos necesarios para realizar o seu traballo diario.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, di que “este servizo axudará a reducir moito os tempos de intervención en caso de emerxencias no noso concello e nos municipios que están integrados neste grupo, e a toda a parte da Comarca de Lugo e da Terra Cha, polo que agradecemos aos alcaldes dos concellos que o integran a implicación e a sensibilidade con este servizo, todos coincidimos  na importancia e necesidade de poder contar con el, así como tamén agradecer  á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, que nos permitira poder contar coa sede de este servizo en Friol” ademais “por parte da corporación municipal, seguiremos traballando para que o noso pobo poida atraer mais servizos, que beneficien á nosa veciñanza e faciliten e melloren o noso día a día”, engade o rexedor.