Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

A Castronela celebra este domingo unha malla en Friol

Por 25 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

A asociación A Castronela de Friol, xa ten todo preparado para facer á segunda edición da Malla, que terá lugar o domingo día 28 de agosto a partir das 10:30 horas no Castro Friulio (ao carón das piscinas municipais).

Este é un proxecto conxunto da asociación Castronela, da comunidade de montes de Anafreita e do Concello de Friol, no que se trata de recuperar unha tradición tan arraigada na cultura galega. A primeira malla tivo lugar antes da pandemia e o obxectivo e continuar no tempo con ela.