Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes TERRACHÁXAGuitiriz

O 13 terá lugar unha nova carreira popular nos Vilares

Por 4 Agosto, 2022Agosto 13th, 2022Sin comentarios

O 13 de agosto celebrarase a XXX Carreira Popular Os Vilares de Guitiriz coincidindo coa celebración da Romaría Labrega da Chaira.

A proba comezará ás 11.00 coa recollida de dorsais, e ás 12:30 dará comezo a categoría absoluta que será de 5 quilómetros, e na que haberá diferentes categorías, A (ata 29 anos), B (de 30 a 42 anos), C (de 43 a 55 anos) e D (máis de 55 anos).

Ás 13:15 será a quenda das carreiras infantís coas categorías E (2107 e posteriores), F (2014 a 2016), G (2011 a 2013), H (2009 a 2010) e I (2007 a 2008)

Ao rematar as diferentes probas farase entrega dos premios para os mellores participantes, ademias do agasallo conmemorativo para todos. Os premios serán para o primeiro atleta local e o gañador ou gañadora da carreira absoluta.

Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

Para participar é preciso inscribirse antes do 11 de agosto na páxina web de championchipnorte.com.