Skip to main content
Guitiriz

Regresa a Romaría Labrega da Chaira a próxima fin de semana

Por 7 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

A Romaría Labrega da Chaira tivo que esperar dous anos para poder celebrar a XXX edición nos Vilares de Guitiriz, que serán os días 13 e 14 deste de mes con merendas na carballeira do Cancelo.

O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:00, e contará cun menú de empanada, paella, costela asada con patacas, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 25 euros.

Máis tarde será a inauguración da IV Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que será preciso inscribirse antes do 11 de agosto.

O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Manuel Castro Santamariña, Cachan, e despois haberá unha sesión vermú cos Leirabuxo. Antes tamén está prevista a actuación de pandereteiras Na casa Zoqueiro.

Pola tarde haberá xogos populares infantís e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha xovenca de Rubia Gallega, ademais da actaución de Peter Punk e hinchables.

Para a cea poderanse degustar liscos e chourizos, e tamén haberá actuacións de Carunchos e Os Residuos Atractivas.

O domingo 14 comezará ás 11.00 horas cunha escultura con motoserra a cargo de Marcos Mariño e a saída da Marcha de Vehículos Antigos pola parroquia  e posterior concentración na carballeira.

A música na sesión vermú correrá a cargo do grupo Requinta da Laxeira, desois da actuación de Os Trapeiros dos Vilares.

Pola tarde e tras a actuación de Bruxainas terán lugar de novo os xogos populares, as probas de habilidade con maquinaria agrícola, a III carreira de cortacéspedes, festa da escuma e o sorteo de varias esculturas feitas con motoserra.

De novo para a cea poderánse degustar liscos e chourizos tratuítos para rematar coa actuación de Javi Show.