Skip to main content
Guitiriz

Labrada, en Guitiriz, celebra as patronais a fin de semana

Por 10 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

Os veciños de Labrada, pertencente ao municipio de Guitiriz, celebrarán a vindeira fin de semana do 12, 13 e 14 de agosto a festividade relixiosa en honra a Nosa Señora e á Virxe das Dores.

O venres 12 comezan as festas ás 21.30 horas coa degustación de liscos e chourizos gratis. Ao finalizar, terá lugar a verbena amenizada polo grupo Fussión.

Na xornada do sábado 13, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne seguida da procesión. Ao finalizar os actos litúrxicos, celebrarase a sesión vermú co dúo Venus, formación que tamén amenizará a verbena da noite acompañada de Kalima 3.0.

O último día, o domingo 14, comezará ás 13.30 horas a celebración da misa solemne con procesión, seguida da sesión vermú a cargo de Superstar. Pola noite, a verbena fin de festas, estará amenizada por Superstar e D´Nika.