Skip to main content
Guitiriz

A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a primeira semana de setembro

Por 28 Agosto, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da ITV está entre os días 2 e 12 de setembro en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no polígono industrial de Guitiriz os días 2 e 5; no campo de Transparga o 6 e o 8, 9 e 12 situarase no detrás do cemiterio do Buriz.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 2 e 9 que só atenderán en horario de mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.