Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

María do Ceo actuará en Meira en favor da investigación do síndrome CTNNB1

Por 1 Agosto, 2022Agosto 10th, 2022Sin comentarios

A cantante portuguesa María do Ceo actuará o 10 de agosto, mércores, en Meira nun concerto benéfico que ten como obxectivo recaudar fondos para Adriana, unha pequena meirense que ten o síndrome CTNNB1, unha enfermidade que só sofren 15 persoas en España.

O recital arrincará ás 21.00 horas na igrexa de Santa María e o prezo da entrada será de 15 euros por persoa.

O Concello de Meira está moi vinculado á visibilización desta enfermidade e xa o pasado 25 de xullo iluminou a casa consistorial de cor azul no día Internacional tamén do Síndrome CTNNB1.