
Meira volveu acoller unha visita da delegación homónima do Concello de Moaña. Novamente un grupo de veciños do municipio, uns 50, pontevedrés visitou a localidade dentro do proceso de irmandamento que están a levar a cabo.
O grupo foi recibido polo alcalde meirego, Antonio de Dios, que se desprazou á localidade para desfrutar dunha xornada de feira ademais de visitar os lugares emblemáticos do Concello, como son a igrexa de Santa María, a praza Maior e o parque Profesor Río Barja.
Por parte do colectivo visitante estivo Víctor Piñeiro, presidente da asociación e da comisión de festas de San Bartolemeu e principal instigador do irmandamento. El mesmo foi o encargado de invitar aos lugueses ás festas patronais que celebra esta localidade a finais de agosto. Esta é a segunda vez que a delegación pontevedresa visita o municipio da provincia de Lugo.