A programación de lecer para o verán meirense continúa co apartado Venres Musiciais. Así, mañá, venres 5 de agosto, haberá un concerto da Prebanda e do grupo de Saxos da localidade.
A sesión terá lugar a partir das 20.30 horas na área recreativa Profesor Río Barja, ao lado do centro de mairoes. Está aberta a toda a poboación e en caso de mal tempo trasladarase á igrexa.
O concerto foi organizado polo Concello de Meira.
