Skip to main content
Meira

“O máis urxente é rematar coa ampliación do polígono e a ponte”

Por 14 Agosto, 2022Agosto 15th, 2022Sin comentarios

Antonio de Dios Álvarez é o alcalde de Meira dende o ano 2015.

Pode facernos un balance do que vai de lexislatura?

Sen dúbida un dos proxectos máis detacados foi a apertura da residencia de maiores por parte da Deputación, que abriu en novembro do ano pasado con 30 prazas e 20 como centro de día. Agora mesma a residencia está a tope con todas a prazas cubertas e temos previsto aumentalas a 38 en canto se poda, tal e como acordamos. Ademais, quero subliñar e asegurarlle á poboación de Meira que o centro de día se vai abrir e farase cando corresponda porque hai que seguir unha orde establecida pola Deputación. Outro dos grandes proxectos deste ano é a Finca do Plantío, onde van 200 aparcamentos, ademais da ITV da comarca para motos, coches e tractores, que se ubicará neste lugar cando lle corresponda. Alí tamén está previsto celebrar unha feira por parte dos empresarios de Meira. Son un total 5.800 metros cadrados que xa teñen ubicación dos 14.300 que ten todo o terreo. O resto, máis de 7.000 destinaranse para actividades deportivas, non para campo de fútbol que xa temos, pero si para outras actividades  como baloncesto ou pistas deportivas. Vai unha rúa con idea en principio de delimitar a urbanización e o núcleo da enfermaría. No apartado deportivo tamén se está a rematar de cubrir a pista de pádel. Queríamos facer unha cousa que quedara bonita e que fóra práctica e así o fixemos. Por outra banda, quero tamén transmitirlle aos veciños que xa temos permiso da Confederación para a rehabilitación da ponte de saída de Meira a Asturias, na N-640, que consistirá na reforma do mesmo, a súa ampliación e a construción dunha pasarela. Xa hai un proxecto de Fomento que está en marcha. Do mesmo xeito que hai tamén un proxecto para rehabilitar a casa da cultura no interior e no exterior.

Estase investindo tamén moito en revalorizar a zona do Pedregal?

Hai un ano firmabamos coa Confederación o convenio que nos permitirá realizar un miradoiro, un aparcamento e un centro de interpretación no Pedregal de Irimia, un proxecto ilusionante que xa está en marcha e que comezará a constuirse imaxino que sobre setembro ou outubro.

Ademais está en marcha outro proxecto no Pedregal de Irimia, pasando por Meira, dun roteiro que enlaza con Fontimiñá.

Segue traballándose tamén nas vías?

Son moitas as pequenas obras que temos que facer para levar os servizos a todos os puntos do Concello. Así, por exemplo estamos en distintas fases na mellora de vías en Vilaxuso, Grañanova, o núcleo de Irimia e o de Seixosmil así como a vía de Seimoxil a Cuiñas de acordo co alcalde de Ribeira de Piquín. Tamén repasouse o Valdacal e se rehabilitou a rúa do Cercado, que vai a Ribeira de Piquín. Por outra banda, tamén en Casanova vaise facer o saneamento, que saiu a contratación e xa está adxudicado. Serán preto duns 60.000 euros para deixar esta zona en perfecto estado xa que carecía deste servizo básico. Vén tamén de finalizar a obras da traída de auga da Corota, que xa está funcionando para 12 vecinos e que estvio financiada pola Deputación que por fin poden contar cun servizo básico que non tiñan. Destacar tamén que no casco urbano termiráronse de delimitar as beirarrúas para persoas con problemas de mobilidade.

Tamén houbo outros cambios en canto as instalacións municipais como o da oficina de Turismo?

Certamente, temos agora unha oficina de Turismo a disposición de todos, tanto veciños como visitantes, moi mellorada e con moitos servizos. Tamén instalamos un ascensor para persoas con mobilidade reducida na casa consitorial e logrei manter o compromiso que adquirin coa veciñanza de manter na vila unha oficina de Correos, que ofrece todo os servizos. Por outra banda, tamén temos o compromiso do delegado da Xunta de que se vai trasladar en breve a oficina de Extensión Agraria da entreplanta na que está agora, sen accesbilidade, a un lugar máis axeitado. Dende o Concello, puxemos a disposición da Xunta varios locais para poder facer o traslado e finalmente non fixo falta, xa que eles aportaron tamén o local que en breve se vai habilitar.

Como está a situación do polígono?

Tanto o tenente de alcalde coma min, xunto cos empresarios, mantivemos varias reunións co delegado da Xunta para impulsar a obra de finalización do polígono que había e a construción dun novo. A ampliación que propuxemos, de acordo cos empresarios, a Xestur e á Xunta consiste en aumentar un pedazo de terreo por detrás de cada nave. Por outra banda queremos facer un novo polígono para o que popoñermos a zona do Carballal e estamos á espera do que decidan na Xunta. O polígono é unha das nosas necesidades máis importantes agora mesmo.

Supoño que o centro de saúde é a outra

Hai 5 anos que este alcalde, o conselleiro e o presidente da Fegamp negociamos para rehablitar o PAC e deixamos 300.000 euros para rehabilitalo. O centro tiña unhas necesidades que agora son máis pola relevancia que ten na comarca, xa que atende a 6 concellos.

De que proxecto se sinte máis orgulloso?

Sen dúbida da residencia, é un hotel de 5 estrelas, onde os nosos maiores están moi ben atendidos nunha situación privilexiada, e ademais supuxo 25 postos de traballo. Lembramos que aínda que está en Meira, a xestión da residencia está ao cargo dunha empresa que é a que se encarga das contratacións e de xestionar a lista de espera, na que teñen preferencia coma debe ser a xente de Meira

E de cara ao futuro?

Temos a idea de ampliar a área de caravanas e a ponte, pero este último é prioritario porque xa está todo preparado e acordado para que comece a obra. O da área de autocaravanas chegará tamén pero non é tan prioritario. E logo seguiremos traballando en todo o que nos piden dende o colexio, ou a gardería así como o centro de maiores para mellorar a contorna.

Este ano recupéranse as festas ao completo. Que significa iso para Meira?

Pois volve ser un impulso importante para a vila, xa que son momentos nos que recibe moitos visitantes e supón unha inxección para a economía e turismo. Sen dúbida, estamos moi contentos de que volve haber festas. Tamén se recupera a Malla, que terá lugar o 28 de de agosto e que tamén terá unha programación completa, similar a anos anteriores á pandemia coa feira de artesanía, actuacións musicais e o cocido. Algo que hai que agradecer á asociación encargada de organizalo todos os anos e coa que estamos encantados de colaborar. Ademais, é importante recuperala por é Festa de Interese Turístico Galego.

Como está a situación coa Vía Rexia?

A situación da Vía Rexia está un pouco en stand by debido á pandemia pero vaise recuperar o proxecto e seguir onde o deixamos. Estabamos no proceso de que os concellos aprobemos todo o que se debatiu e a idea é pasado o verán retomalo e darlle o último impulso. Aínda que leva dous anos parado pola pandemia non está aparcado, está sobre da mesa.

Que novidades deportivas hai para o Concello?

Pois este ano temos a terceira edición da Carreira Popular, unha cita que vemos que se está a consolidar con preto dos 140 inscritos en todas as categorías. Pero non é o atletismo a única actividade que estamos a potenciar. Este ano intentaremos potenciar un equipo de xuvenís de fútbol campo. Levamos oito anos coa idea e cremos que é o momento o fútbol base, para formar a nosa propia base. Tamén temos previsto incorporar ximnasia de matemento para maiores, cursos para todos os grupos de idade, etc… volver poñelo todo en marcha.