Skip to main content
Muras

A reunión anual de escolares da Xestosa será o 6 de agosto

Por 1 Agosto, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

Os alumnos que asistiron á escola unitaria da Xestosa, en Muras, celebrarán unha nova xuntaza este sábado tras dous anos sen celebración debido á pandemia Deste moso a que será a décima reunión será o día 6 nunha cita obrigada de cada verán.

O obxectivo desta reunión é por en contacto a todos aqueles que fixeron os seus estudios entre os anos 1973 e 1986, ano de peche da escola.

O evento reúne habitualmente a preto dun centenar de persoas e conta cun programa de actividades que dará comezo cunha misa ás 13.30 horas, á que seguirá unha comida de confraternidade, na que non faltarán as charlas e anécdotas daqueles tempos.

Trala comida, haberá competicións de xogos tradicionais como tirar da corda, a petanca, a chave ou a rá.

Tamén haberá música a cargo de Spontaneos.

Os interesados en asistir a esta xuntanza, que conta coa colaboración do Concello de Muras, poderán facer as súas reservas nos teléfonos 609 053 324, 669 311 593 ou 600 551 212. O prezo da comida será de 30 euros para adultos e 12 para os nenos de ata doce anos.