Skip to main content
Axenda CaducadaMuras

Obradoiro de robótica este sábado en Muras

Por 2 Agosto, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

Este sábado, 6 de agosto, no local socail de Muras, está organizada unha divertida cita coa ciencia e a enxeñería para poñerse mans á obra. Os rapaces e adolescentes aprenderán os fundamentos da robótica.

Os pequenos de 8 a 14 anos aprenderán sobre programacións de robots LEGO, esferas intelixentes Sphero, drons SYMA, xogo de puntería Láser Tag, etc, da man do proxecto asociativo con sede en Ourense Jóvenes Científicos.

Deseñado para incentivar a creatividade e curiosidade, achega oportunidades para deseñar, construír e probar prototipos e representacións de obxectos, animais e vehículos.

A sesión, que comezará ás 17.00 horas terá unha duración de 90 minutos.