Skip to main content
Muras

Remata a obra de reforma da escola da Balsa

Por 5 Agosto, 2022Agosto 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras vén de rematar as obras de reforma integral da antiga escola da Balsa, que se utiliza como local social da parroquia.

Segundo explicou o alcalde, Manuel Requeijo, nesta escola non se fixo ninguna reforma dende que se daba clases. Nesta ocasión fixeron unha remodelación integral do local co cambio de ventás, portas así como adaptala aos servizos de hoxe en día. O cambio máis destacado foi a eliminación das columnas de ferro que había no interior para que o espazo quedase máis limpo.

Investíronse nas obras 46.000 euros incluíndo tamén un pequeno office para uso dos veciños e para que continúe en uso para a asociación de cazadores, a veciñal e mesmo a comunidade de montes.

Ademais, o Concello está a executar as obras pendentes do ano pasado como camiño no Viveiró ou no lugar de Aborbó. Tamén se están a licitar as obras do fondo de compensación ambiental deste ano.

Ademais, o alcalde avanzou que en breve comezarán as obras pendentes da traída do Moriscón, Os Campos ou a rehabilitación do centro de saúde.