Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Mozos e mozas de Outeiro realizan prácticas en empresas da contorna

Por 7 Agosto, 2022Sin comentarios

Do 18 ao 22 de xullo dezaoito mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron Avifauna, ben Alonso, D10 Centro Deportivo, Garatuxa, Idea Almacén de Papelería, Láser Lucus, Marcelle Natureza e Pan de Ousá.

Ademais destas  empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Área 507, Fulgencio Casás Lombao, Pan do Manuel, Paulino Carral Méndez, Transformacións Agrícolas e Forestais M. Ángel e Xardinería Santa Isabel.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por todos eles e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa,  realizouse o día 26 unha visita ao Centro de Empresas e Innovación  CEI Nodus onde foron informados pola AEDL, Mª José Díaz, dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar a visita cun encontro con promotores de catro interesantes iniciativas empresariais acollidas no centro ademais de recibir unha charla por parte da orientadora laboral do centro.

A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde a AEDL municipal  mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.

A oitava edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.