Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Bonxe celebra a fin de semana as súas patronais

Por 18 Agosto, 2022Agosto 21st, 2022Sin comentarios

O grupo D’Nika abrirá este venres, 19 de agosto, as festas patronais en Bonxe, coa súa actuación na verbena inaugural, na que tamén estará o grupo Eureka.

Esta parroquia de Outeiro de Rei festaxa así a San Mamede cun programa que continuará o sábado 20 de agosto con misa e procesión a partir das 13.30 horas. Ao mediodía e pola noite actuará Mar Azul e na verbena tamén estará o dúo Elixir.

O domingo rematarán as festas coa sesión vermú co grupo Epo-K, que actuará trala misa e procesión, que será tamén ás 13.30 horas.