Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Continúa o cine na rúa na Pastoriza con ‘Valentina’

Por 22 Agosto, 2022Agosto 24th, 2022Sin comentarios

Este mércores, 24 de agosto, A Pastoriza convertirase nunha sala de cine grazas ao programa Cinenarua para que as nenas e nenos gocen da proxección da película de animación Valentina.

Será ás 21.00 horas na casa da cultura. A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.