Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Bretoña acolle o sábado a VIII Ruta do Cabalo

Por 25 Agosto, 2022Agosto 27th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de parón, a Asociación Amigos do Cabalo Os de Bretoña recupera a súa tradicional Ruta do Cabalo o sábado 27 de agosto na que será a súa IX edición.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun  paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal

A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da festa de Bretoña para desfrutar dun almozo gratis.

Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se  prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber.

Finalizarán esta concentación ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, comida que estará amenizada por un dúo musical.

Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.