Skip to main content
As Pontes

As Pontes recupera a Cita coa Historia a últimos de setembro

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

Tras dous anos sen celebración pola pandemia de covid, durante a fin de semana, do 23 ao 25 de setembro, o municipio das Pontes retrocederá no tempo para celebrar a sétima edición da súa Cita coa Historia, organizada pola Asociación Lembranza da Vila en colaboración co Concello, na que a vila viaxará ao pasado e revivirá a súa historia.

Esta nova Cita acollerá unha grande diversidade de actividades, pensadas para toda a veciñanza, que arrancarán, o vernes e que se darán a coñecer ao longo deste mes pero que estarán vinculadas a espectáculos de todo tipo para reflectir o pasado da vila con mercado, pirotecnica, música e concurso de caracterización, entre outras.