Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes celebrará o Springsteen Day o 3 de setembro

Por 6 Agosto, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

O lago de As Pontes será o escenario dunha auténtica celebración da música de Bruce Springsteen, un dos artistas cos seguidores máis fieis do panorama musical.

A cita será o sábado 3 de setembro, a partir das 18:00 horas, día no que decenas de artistas unirán voces e instrumentos para interpretar a canción “No Surrender”, todo un himno para axudarnos a loitar polo que nos apaixona. 

Este proxecto parte de colectivos de fans de Springsteen e conta coa colaboración e a implicación do Concello de As Pontes e conta con antecedentes similares como son o proxecto Rockin´1000, que comezou en Italia, no que centos de músicos interpretaron unha canción de Foo Fighters para lograr que a banda actuase nunha pequena localidade e tamén co No Surrender Day celebrado en Cataluña.

As persoas interesadas en participar no Springsteen Day poden inscribirse enviando un correo electrónico a springsteendayaspontes@gmail.com

A inscrición para participar cantando ou tocando algún instrumento, aínda que sexan diferentes dos que soan na canción, é de balde. A organización regalará unha camiseta conmemorativa a cada persoas participante que só deberá aportar os instrumentos e amplificadores, se así o precisan.

O Springsteen Day tamén inclúa a actuación de tres bandas de rock e un xantar colectivo. Pódese consultar máis información na páxina de Facebook do proxecto