Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Éxito das Pingüinas de Burgos no II Beach Rugby Vila das Pontes

Por 10 Agosto, 2022Sin comentarios

Foto de Sandi López

O sábado celebrouse a segunda edición do Beach Rugby Vila das Pontes, un torneo de rugby praia que xa é referente a nivel estatal dentro das Series Españolas de Beach Rugby. Cunha programación que ademais de moito rugby, incluía xogos para as crianzas e unha zona de networking, o evento reuniu a máis de medio millar de persoas na contorna do Lago das Pontes.

A nivel deportivo, en categoría feminina Pingüinas RB (Burgos) acadou o primeiro posto na clasificación, seguidas de H2BSS (Barcelona). Do equipo burgalés tamén resultaron ser as dúas mellores xogadoras do torneo: Silvia Sedano (MVP M23) e Beatriz Rodríguez (MVP sénior). O ADUS rugby (Salamanca) fíxose coa culler de pao.

No torneo masculino, Sussios Rugby Gang (Madrid) derrotou na final a Vacceos Élite (Segovia). En canto aos mellores xogadores do torneo, o equipo abritral escolleu a Pablo Miranda (MVP M23), do Bierzo RC, e Jorge Elvira (MVP sénior) do Sussios Rugby Gang. Triconos Locos (Madrid) levantou a culler de pao.

Este torneo estivo organizado pola AD Monte Medulio e o Concello das Pontes, patrocinado por Servicio Móvil, e contou coa colaboración de entidades como Turismo As Pontes, o CR Fendetestas e a Deputación da Coruña. As persoas participantes coinciden en destacar a grandísima organización do evento, na que traballaron arreo un equipo de máis de 40 voluntarios/as do CR Fendetestas.