Skip to main content
As Pontes

As Pontes abre o prazo de inscrición para os campamentos de inglés

Por 18 Agosto, 2022Agosto 19th, 2022Sin comentarios

As Pontes abre hoxe, 18 de agosto, o prazo para inscribirse nos campamentos de inglés que organiza o Concello durante os meses estivais desde o ano 2016 e nos que xa participaron máis de dúas centenas de rapaces e rapazas da vila.

Tania Pardo, concelleira de Igualdade e Educación, apunta que “nas Pontes contamos cunha ampla oferta de actividades que permiten a conciliación familiar durante o período estival, contamos con campamentos urbanos, con diferentes campus deportivos e mesmo actividades de ocio puntuais dirixidas á mocidade. Cos campamentos de inglés imos un paso máis aló, combinando ocio e formación entendendo que son unha boa opción para familiarizarse co idioma, practicalo e mellor a nivel dos nenos e nenas participantes”.

O obxectivo fundamental do campamento é a aprendizaxe do idioma inglés mediante a realización de diferentes actividades, relacionadas co ocio e o tempo libre, de xeito que se facilite unha alternativa lúdica de aprendizaxe do inglés no período de vacacións para os nenos e nenas de 1º a 6º de primaria do Concello das Pontes.

Trátase dunha actividade que permiten achegar á veciñanza máis nova da vila á lingua inglesa nun contexto diferente ao da escola, aprendendo a relacionarse co idioma de xeito positivo, ao tempo que fomenta unha serie de valores esenciais para o desenvolvemento persoal, como o dA convivencia, igualdade, respecto mutuo, cooperación, integración de persoas con capacidades diferentes e traballo en equipo entre as persoas participantes. O campamento de inglés tamén busca posibilitar as relaciones interpersoais entre nenos e nenas de diferentes ámbitos, compensando desigualdades

O campamento desenvolverase durante 10 días, nunha soa quenda, do 24 de agosto ao 6 de setembro, quedando o número de prazas limitado a 21 menores. Esta nova edición do campamento municipal de inglés, desenvolverase de luns a venres, en horario de 09:30 horas, a 14:00 horas.

As familias interesadas poden inscribir aos seus fillos/fillas ou solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais (2º andar Casa Dopeso) ou chamando ao número 627 77 91 29.