Skip to main content
As Pontes

O Fabril faise co Trofeo Vila das Pontes de fútbol

Por 21 Agosto, 2022Agosto 22nd, 2022Sin comentarios

Un acertado Fabril impúxose (0-5) ao CD As Pontes de Preferente Autonómica no campo do Poboado nun novo amigable de pretemporada, correspondente ao XXVI Trofeo Vila das Pontes. O campión perdera na edición de 2006 ante o equipo local por penaltis.

Os goles fabrilistas foron obra de Iván -2-, Jairo, Nájera e Álex Pereira.

Óscar Gilsanz puido dispoñer de todo o seu persoal, incluídos Yeremay, Jairo e Dani Barcia, habituais nos adestramentos do primeiro equipo. A única baixa por lesión foi a de Mella.

Así pois, o técnico fabrilista dispuxo dun once en cada tempo nun partido de clara cor branquiazul.

Ao remate do partido entregaron os trofeos aos capitáns Barba e Traba, os concelleiros Rizo Tembrás e Antonio Alonso, e o presidente pontés Xaime Castro. Primeiro título do filial deportivista, que acompaña ao logrado polo primeiro equipo coa vitoria 0-3 ante o equipo local en 2011.

Nove trofeos conseguiu o As Pontes, tres teñen Racing de Ferrol, Lugo e Viveiro, dous o Somozas, e un Vilalbés, Betanzos, Lemos e un combinado pontés.

Foto de Xosé Ferreiro