Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Rematan no lago das Pontes as actividades do programa Un mar de lecer

Por 26 Agosto, 2022Agosto 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de As Pontes remata esta fin de semana co seu programa para o mes de agosto O mar de lecer, unha axenda cultural ampla, diversa e multidisciplinar para conmemorar os dez anos da creación do lago.

As actividades que deron comezo o venres 5 continuarán estes dous días con numerosas e variadas actividades. Así, haberá, primeiramente, unha cita coa vela da man do Campionato Galego de Vela Vaurien, que será o sábado e o domingo.

Eses días haberá tamén unha Festa Acuática con 5 inchábeis acuáticos. Paralelamente celebrarase a Festa da Auga, con 4 inchábeis acuáticos e Humor Amarillo, con 5 inchables Wipe Out. Os horarios para estas tres actividades son : sábado de 16:30h a 20:00h e domingo de 11:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.