Skip to main content
As PontesAxenda CaducadaXove

O Xove FS e o Esteo FS enfrontaranse na primeira eliminatoria da Copa do Rei

Por 31 Agosto, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

Unha imaxe do partido do Esteo e o Xove do ano 2011

A presente edición, cuxa primeira eliminatoria disputarase o 10 de setembro, contará por primeira vez con equipos de Terceira división. 

A Copa do Rey 2022/23 comeza a dar os seus primeiros pasos con importantes novidades. A presente edición, cuxa primeira eliminatoria disputarase o 10 de setembro, contará por primeira vez con equipos de Terceira división. Os 24 mellores equipos da categoría que non lograron o ascenso a Segunda B terán a oportunidade de disputar unha competición que ve crecendo ano tras ano.

Nesta rolda participará o SD Xove FS que se enfrontará ao Esteo das Pontes na pista do equipo mariñao que aínda non teñen o horario do partido definido. “Hoxe é un día histórico para o Xove FS”, dicían dende a directiva do club mariñán.

Co novo formato serán un total de 78 os equipos que busquen o título que logrou a pasada tempada o Besoccer UMA Antequera. Serán os mencionados equipos de Terceira división, os catro mellores dos seis grupos de Segunda B na 2021-22, os 14 equipos de Segunda a pasada campaña (exclúense os catro filiais) e os 16 equipos de Primeira Federación Futsal na 2021-22.

A primeira rolda, na que quedan oito equipos exentos, entran os equipos das dúas categorías inferiores. Os 20 gañadores e os oito exentos disputarán unha segunda rolda o 27 de setembro. Na terceira rolda (18 de outubro) xa entran os 14 equipos que militan esta campaña en Segunda Federación Futsal. O 15 de novembro, na cuarta eliminatoria, arrincarán os equipos de Primeira división salvo Barça e Palma Futsal, representantes en Champions, que si entrarán xa no bombo de oitavos de final (24 de xaneiro). Os cuartos de final, o 21 de febreiro, decidirán os catro equipos clasificados para a Final Four, que se xogará en sede único entre o 31 de marzo e o 2 de abril.

Pódense consultar o resto de emparellamentos aquí.