Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A Rabaca poñerá punto e final ás festas de Rábade

Por 16 Agosto, 2022Agosto 17th, 2022Sin comentarios

Rábade porá fin ás súas festas patronais co festival ARabaca que se dividirá en dúas xornadas. 

Os días 16 e 17 estarán  reservados para  a actuación o martes de El Pacto Rock Band, tributo a Bruce Springteen e Clásicos do Rock coa colaboración especial de Javier Alzola, saxofonista de Fito y Fitipaldis.

O mércores 17 actuarán ás 13.30 horas na prazuela Andrea Vilar ao piano e Diego Segada á viola. Ás 20.00 horas no centro sociocultural haberá unha representación de La parada de los sueños. Dream Stop, a cargo do grupo de teatro Penas de Rodas e ás 21.30 horas, actuarán na prazuela Hänselus, Nya de la Rubia e De Turrens Band.

Con estas actuacións ponse fin a unhas festas que recuperaron o esplendor de anos anteriores á pandemia e que deron comezo o pasado 12 de agosto co Rabafold, ao que seguiron outras citas obrigadas como actuacións musical das mellores orquestras, a esbatuxada e o subidón dos avós ademais da descarga pirotécnica.