Skip to main content
Vilalba

Esgotadas as entradas do concerto de Manu Chao en Vilalba

Por 5 Agosto, 2022Sin comentarios

O público vilalbés deixou claro que tiña gañas de ver a Manu Chao xa que as entradas esgotáronse ás poucas horas de poñerse á venda e tras facer a compra a longa lista de vilalbeses que se pasou pola taquilla no día de onte.

Manu Chao actuará en acústico o próximo 2 de setembro nas festas de San Ramón e Santa María de Vilalba. Fillo do escritor vilalbés Ramón Chao, era un dos concertos máis demandados polos vilalbeses dende hai tempo, pero finalmente serán uns 2.000 os que poderán presenciar finalmente o concerto debido a que este se celebrará con aforo limitado na praza de Santa María.

O Concello informou que non se repartirán máis entradas nos próximos días e polo tanto hoxe, que tamén era día de venda, non haberá tampouco reparto.